Condicións
- Na entrega, o produto alugado estará limpo e en bo estado. Hai que devolvelo nas mesmas condicións.
- Ao recibilo, aboarase o importe total en metálico.
- Se devolve o produto antes da data acordada, non se aboará a diferenza.
- En caso de avaría, deberá poñerse en contacto coa empresa Breogan rent Fridge por correo electrónico co fin de substituír o produto canto antes. O cliente será responsable do custo da reparación se a avaría foi provocada polo mal uso do produto.
- Se se producen modificacións na reserva, deberá comunicalo a Breogan rent Fridge por correo electrónico e recibirá unha nova confirmación. A comunicación por correo electrónico de calquera modificación só será posible ata 2 días antes da data de entrega inicialmente prevista. En caso contrario, deberao notificar telefonicamente ao número de teléfono +34 633 262 218 .
- Se no momento de formalizar a reserva o camping non lle asignou un número concreto de parcela, deberá comunicar esa información por teléfono ao número +34 633 262 218 ou por correo electrónico en canto dispoña dela.
- O importe da contratación do produto corresponde a un mínimo de 7 días, e se vai requirir menos destes días non se aboará ningunha diferenza.
- Como máximo pódese ampliar a mesma reserva durante 3 días cun importe de 4€/día.
- O cliente é responsable de verificar e introducir correctamente todos os datos proporcionados no momento de realizar a reserva.
Quen somos?
- Breofrigo é unha empresa familiar con máis de 20 anos de experiencia, adicada ao aluguer de complementos para os campistas.
- Ofrecémoslle todas as facilidades posibles, xa que nos encargamos de levarlle o frigorífico ata a súa parcela o día en que chega ao camping e recolleémolo o día en que rematan as súas vacacións.
- Adaptámonos a todas as familias e situacións, ofrecéndolle diferentes medidas de frigoríficos segundo lle conveña.
- Se sodes unha parella, un grupo, unha familia numerosa, ou se vos aloxades nunha tenda, nunha caravana ou tamén nunha mobil-home, poderedes escoller o frigorífico que mellor se adapte a vós.